San Cibrao das Viñas pon en marcha unha nova edición do programa “Mañás Activas”

As actividades terán lugar os mércores en Ponte Noalla e os xoves en San Cibrao das Viñas
concello_san_cibrao_das_viñas
2 Mar 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas anuncia a nova edición do programa “Mañás Activas”, destinado a fomentar un envellecemento saudable e a manter a mente activa entre a poboación maior do municipio.

As actividades, que se desenvolverán de 10:00 a 11:30 horas, inclúen club de lectura, alfabetización dixital, mesas redondas para debatir sobre temas de actualidade, así como exercicios para mellorar habilidades mentais, matemáticas de uso diario e idiomas básicos.

O programa terá lugar en dúas localizacións: os mércores en Ponte Noalla e os xoves en San Cibrao das Viñas. Está dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello. A nova edición comeza este martes, 3 de marzo, e os interesados poden anotarse chamando ao 988 381 034.

0.1440110206604