San Cibrao das Viñas presenta "As Viñas Fest"

"As Viñas Fest" celebrará a súa primeira edición o vindeiro 20 de abril
Presentacion_As_viñas_Fest
O Concello de San Cibrao das Viñas presenta
23 Mar 2024
O Concello de San Cibrao das Viñas presenta a primeira edición do festival "As Viñas Fest", que se celebrará o vindeiro 20 de abril.
O festival será de carácter gratuito e aberto a todos os públicos. A cabeza de cartel será a orquestra Panorama, que actuará dende as 22.00 horas ata ata a 1.00 horas da madrugadas. A partir desa hora a festa estará asegurada pola disco móbil Gramola, que poñerá a música ata as 4.00 horas da madrugada.
Pola súa banda, durante o día, os máis cativos poderán disfrutar dunha sesión de tarde con Uxía Lambona e a Banda Molona, a partir das 17.30 horas. Ademáis, haberá unha zona de inchables e "espazos relax" con mesas.
"Seguimos incrementando as actividades de ocio e cultura dirixidas á xuventude nas que tamén poden pasalo ben as familias con nenos. Merecémonos unha gran festa ao grande para gozar todos os veciños", sinalan dende o Concello de San Cibrao das Viñas.
0.098307847976685