San Cibrao das Viñas repón o alumeado público no Polígono Comercial Barreiros
OurenseXa
Os traballos veñen motivados polo roubo sufrido antes do Nadal

14 Feb 2026
O Concello de San Cibrao das Viñas procedeu esta semana á reposición do tendido do alumeado público no Polígono Comercial Barreiros, tras o roubo que sufriu antes do Nadal.
Segundo o Goberno municipal, os traballos están a realizarse no menor tempo posible co obxectivo de restablecer o servizo canto antes. Desde o Concello, ademais, piden desculpas ás persoas afectadas polas posibles molestias durante a intervención e agradeceron a comprensión da veciñanza.