“Se chove, que chova” gaña o premio do público no Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2025

OurenseXa
O xardín creado por Isabel Gutiérrez García, Mónica Alonso Martínez Laya e Lucía González Garrido foi elixido como o favorito cun 22,4 % dos votos
se-chove-que-chova-festival-internacional-de-xardins-de-allariz
13 Nov 2025

O pasado 31 de outubro concluíu a XV edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que durante máis de cinco meses e medio mostrou deseños paisaxísticos centrados na sostibilidade e na innovación. Tras contabilizar os votos das persoas visitantes, o xardín “Se chove, que chova”, creado por Isabel Gutiérrez García, Mónica Alonso Martínez Laya e Lucía González Garrido, foi escollido como o favorito cun 22,4 % dos votos.

A continuación, en preferencia estiveron “Renacer das cinzas” con un 18,3 % e “O xardín de rocallas” con un 15,1 %. O proxecto gañador aborda a xestión sostible da auga, recurso vital no contexto do cambio climático, e combina elementos como xardíns de choiva, canalóns e pequenos bebedoiros. Ademais, conta cun anel de vexetación autóctona, un espazo central con pérgola e bancos, e pavimento permeable. A selección de plantas tivo en conta a súa adaptación ao clima galego, o seu valor estético e a súa contribución ao ecosistema, acadando así un espazo funcional, sostible e esteticamente atractivo.

Esta edición, que se desenvolveu baixo o lema “Cambio climático: unha oportunidade para o xardín”, consolidou o festival como un referente en Galicia no eido do paisaxismo, a innovación e a ecoloxía.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz xa publicou a convocatoria para a súa próxima edición, que levará por título “Os xardíns da liberdade”. O certame invita a deseñadores, arquitectos paisaxistas, artistas e estudantes de todo o mundo a presentar proxectos que exploren como os xardíns poden ser espazos de liberación para a natureza e as persoas.

⚙ Configurar cookies
0.079558134078979