Socialistas e populares instan ao alcalde a manter a sede do CIMM de Ourense

OurenseXa
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e o Grupo Municipal do PP levarán ao pleno do mes de xuño unha moción conxunta para instar ao goberno municipal a executar de maneira urxente as obras de acondicionamento necesarias no CIMM
CIM-Ourense
CIMM de Ourense
3 Jun 2024

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e o Grupo Municipal do PP levarán ao pleno do mes de xuño unha moción conxunta para instar ao goberno municipal a executar de maneira urxente as obras de acondicionamento necesarias no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) e adoptar o compromiso de manter a súa sede en dito edificio, sito na rúa do Ensino do barrio do Couto. Unha iniciativa que chega despois de coñecer nas xuntas de área do pasado 14 de maio que o goberno municipal ten intención de pechar de maneira inminente e definitiva o CIMM e trasladar ás traballadoras aos despachos do edificio municipal da praza de San Martiño pola existencia de altos niveis de gas radón.

Populares e socialistas entenden que as obras que hai que acometer no CIMM son unha escusa para desmantelar un servizo máis de atención á cidadanía de Ourense, sobre todo cando son mais os edificios afectados neste momento por altos niveis de gas radón, por exemplo o de Urbanismo para o que non hai un plan de eliminación de gas radón.

Neste senso, ámbolos dous grupos poñen de manifesto que a atención ás usuarias do CIMM precisa dunha privacidade e confidencialidade que non terán no emprazamento proposto polo executivo.Todo por falta de sensibilidade e vontade política, aseguran.

Ademais, tal e como explican PSOE e PP, o novo emprazamento obriga a fulminar sen alternativa ningunha prevista outros programas de atención, formación ou conciliación vencellados ao CIMM. Tamén o programa asistencial para mulleres, na súa maioría vítimas de violencia de xénero, o programa de conciliación Banco do Tempo, o programa de conciliación Coeduca, o proxecto Convívere e o programa Nexus, entre outros.

Ante esta situación de extrema gravidade, os grupos popular e socialista entenden que é fundamental facer unha fronte común contra un atentado máis cara á igualdade e a loita contra a violencia de xénero e esixir de maneira conxunta a paralización desta decisión.

Nesta liña, destacan que os anteriores gobernos municipais e os propios traballadores do CIMM sempre amosaron o seu compromiso coa promoción da igualdade e a eliminación da violencia de xénero convertendo o CIMM no centro de referencia Galego no relativo á atención a muller. De feito, populares e socialistas lembran que en dito edificio se investiron máis de 600.000 euros de fondos públicos para a súa reforma integral.

Lamentan, por outra banda, que neste caso concreto o BNG non se quixera sumar á iniciativa conxunta ante a necesidade desa fronte común, que entenden será unánime na vindeira sesión plenaria, pola grave situación que vive o Concello e a a cidade e que todos e todas estamos en disposición de reverter neste momento.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17941284179688