Sportur 2025 pechou as portas con máis de 4.000 participantes

OurenseXa
Os Xogos Deportivos Inclusivos converteron a Expourense nunha gran pista polideportiva na que se pudieron practicar unha vintena de deportes
sportur-2025
26 May 2025

Expourense converteuse durante tres días nunha gran cancha polideportiva na que a vintena de asociación participantes organizaron clases abertas, exhibicións e Copas Deputación que convocaron en total a máis de 4.000 deportistas de todas as idades con e sen diversidade funcional. A excelente acollida por parte das federacións deportivas e do público leva xa a pensar na segunda edición destes xogos en maio de 2026.

Máis alá da instalación da pista de atletismo cuberta entre os meses de decembro e marzo, Expourense posiciónase así como un dos grandes espazos deportivos a ter en conta á hora de organizar copas e campionatos a nivel autonómico ou nacional, xa que o pavillón central do recinto, de 8.000 metros cadrados sen columnas, permite a instalación de distintos tipos de canchas para practicar, como se puido ver nestes Xogos Deportivos, unha vintena de deportes. Os que se practicaron nesta edición foron: Atletismo; Bádminton; Balonmán; Ciclismo; Esgrima Clásica; Fitness; Fútbol; Hockey; Karate; Pickleball; Piragüismo; Remo Indoor; Roller cross; Taekwondo; Tai-chi; Tenis; Voleibol; Wushu; Xadrez e Ximnasia.

Se nas dúas primeiras xornadas contou coa visita e participación activa de escolares de Primaria e Secundaria de distintos centros educativos da provincia de Ourense, onte sábado foi o día adicado ás competicións provinciais de todas as categorías nas que participaron dende escolares de curta idade ata o grupo de veteranos do cachibol. Pola tarde foi unha xornada adicada a recoller medallas e trofeos e pudieron verse podios de balonmá, roller cross, xadrez ou wushu, entre outros. Onte sábado foron desputadas as Copas Deputación de Ourense de Balonman, Pickeball, Remo Indoor, Pequevolei e Roller cross.

Sportur Galicia-Xogos Deportivos estivo organizado por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.

Expourense rematará o mes de maio cunha semana de intensa actividade que inclúe a presentación da súa Memoria de Actividades correspondente ao ano 2024 e a celebración do XVIII Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que terá lugar o xoves 29 en sesión e mañá.

Xa na primeira semana de xuño, EXpourense rematará o calendario feiral relativo ao primeiro semestre coa celebración, os días 2 e 3, da undécima edición de Ourense Vinis Terrae, Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade,

0.17218804359436