Sportur consolídase como referente nacional en deporte inclusivo

Os Xogos Deportivos de Sportur Galicia comezaron este xoves en Expourense e continuarán ata o sábado 24 de maio ás 20.00 horas, ofrecendo “deporte para todos” e convertindo ao recinto feiral nunha cancha polideportiva na que conviven deportistas con e sen diversidade funcional.
Esta edición céntrase na inclusión, co obxectivo de promover o deporte como canle de superación, integración e transmisión de valores. Participan como expositores unha vintena de federacións e clubes que teñen organizado un completo programa de exhibicións, clases abertas e torneos.
Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias). O obxectivo é convertirse nun escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade que aproveitarán a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos e clases abertas para os visitantes. Este sábado ademais, desputaranse ademais varias “Copa Deputación” como a de Balonmán, Roller Cross ou Voleibol.
Os Xogos Deportivos de Sportur Galicia foron inauguraqdos esta nun acto presidido polo Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo Souto, quen puxo en valor o papel que xoga o deporte como ferramenta inclusiva destacando a presenza no salón de asociación e clubes nos que conviven deportistas con e sen diversidade funcional. Tamén fixo referencia a que Galicia é un referente nacional e internacional en deporte adaptado e inclusivo “como se puido comprobar nos últimos Xogos Paralímpicos de París do ano pasado no que 8 de cada 10 deportistas galegos que participaron están entre os 8 mellores do Mundo da súa disciplina”.
O conselleiro subliñou que eventos como Sportur son fundamentais para promover a "excelencia do sacrificio, a dedicación, o traballo, e a resiliencia" do deporte galego e salientou o compromiso da Xunta por un deporte plural, diverso, igualador, motor de cambio social e motor económico fundamental. Diego Calvo estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, polo deputado provincial Jorge Pumar, e polo tenente alcalde e concelleiro de Deportes de Ourense, Aníbal Pereira.
O conselleiro de Deportes visitou aos clubes participantes que lle indicaron que citas coma esta son unha excelente oportunidade para promocionar o seu deporte e o seu clube e para poder captar novos deportistas, xa que os visitantes poden poden probar e affecionarse a deportes que antes non tiveran ocasión de prarcticar.
As federacións e asociacións e clubes deportivos presentes en Sportur Galicia organizaron distintas actividades que poden consultarse en www.sporturgalicia.com. Os deportes que están representados nesta cita son: Atletismo; Bádminton; Balonmán; Ciclismo; Esgrima Clásica; Fitness; Fútbol; Hockey; Karate; Pickleball; Piragüismo; Remo Indoor; Roller cross; Taekwondo; Tai-chi; Tenis; Voleibol; Wushu; Xadrez e Ximnasia.
Ademais da participación de escolares de Primaria e Secundaria de distintos centros escolares da provincia de Ourense que xa participaron nesta primeira mañá, está confirmada a participación de membros de distintas entidades con diversidade funcional ou que representan a colectivos específicos. Participarán nesta primeira edición de Xogos Deportivos: Asociación Dano Cerebral Ourense; Asociación Discapacidade Ourense; Asociación Club Recreativo As Burgas; Asociación de Esclerose Múltiple de Ourense; Fundación San Rosendo (Los Milagros); Asociación Trascos. Autismo Galicia; Down Ourense; Asociación Trama; Fundación Intercultural Xitana e Centro de Menores Monteledo.
Sportur Galicia está organizado por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.
A entrada a Sportur Galicia é gratuíta. As novidades desta cita poden seguirse a través da súa web www.sporturgalicia.com ou dos perfiís en Facebook e Instagram. O horario de feira será o mesmo durante os tres días: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.