Taboadela acolle este domingo o seu primeiro Mercado de Nadal

OurenseXa
Ademais dos postos de venda, a xornada contará cunha visita especial de Papá Noel
Mercado-de-nadal-xenerica
20 Dec 2025

O Pavillón de Deportes de Taboadela acollerá este domingo 21 de decembro o I Mercado de Nadal, que comezará ás 11:00 horas e promete encher o municipio do espírito destas festas.

Nesta feira poderanse atopar postos con cestería, pintura, cerámica, bisutería, xoiaría, mel, doces artesáns, alimentación, libros de segunda man, roupa vintage e pezas restauradas, entre outras moitas cousas. Ademais, haberá un posto solidario, velas artesanais e abalorios.

Durante toda a xornada, no posto de Mary Artesanía e Bisutería, desenvolverase un obradoiro especial aberto ao público.

Pola tarde, o programa continuará coa festa infantil e inchables desde as 16:00 horas, a chegada de Papá Noel ás 17:00 horas, unha gran chocolatada para todos ás 18:00 horas e o peche do evento ás 19:00 horas.

Un plan ideal para desfrutar en familia e apoiar a artesanía e os produtos locais nesta época tan especial.

⚙ Configurar cookies
0.079735994338989