Todo listo para a XI edición do Castro Trail Extrem Barbadás

O Club Castro Trail, en colaboración co Concello de Barbadás, organiza o sábado 14 de febreiro de 2026 a XI edición do Castro Trail Extrem e o XI Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning Individual Absoluto, Sub 23 e Masters (Classic).
A competición dará comezo ás 9:30 horas e constará de dúas probas oficiais baixo a modalidade de Trail Running, que sairán desde o parque da Liberdade da Valenzá.
As inscricións permanecerán abertas ata o martes 10 de febreiro ás 23:59 horas, e a proba contará con dúas modalidades: un trail longo, cun percorrido de 23,2 quilómetros e preto de 90 participantes xa inscritos, e un trail curto, de 11 quilómetros, con máis de 100 corredores apuntados ata o momento.