Todo preparado para unha nova edición da Ribeira Sacra MBT Xperience

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Celebrarase os días 29, 30 e 31 de maio e as inscricións están abertas ata o 25 dese mesmo mes ou ata completar o cupo de participantes
ribeira-sacra-mbt-xperience-2026
18 Jan 2026

A Ribeira Sacra MBT Xperience volverá celebrarse os días 29, 30 e 31 de maio de 2026 como unha das citas destacadas do calendario da bicicleta de montaña. Trátase dunha competición por etapas que combina un prólogo inicial e dúas esixentes etapas maratón, percorrendo algúns dos paisaxes máis representativos da Ribeira Sacra.

A proba está organizada polo Club Código Bike Team e conta coa colaboración dos concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar e Xunqueira de Espadañedo. As inscricións permanecerán abertas ata o 25 de maio de 2026 ou ata completar o número máximo de participantes.

A competición desenvolverase en formato challenge, o que permitirá disputar cada etapa de maneira independente. A primeira etapa será un prólogo o venres 29 de maio, con saída ás 19:00 horas desde Xunqueira de Espadañedo. Terá un percorrido aproximado de 12 quilómetros e a saída realizarase por bloques, estando permitido o recoñecemento do trazado desde as 15:00 horas.

A segunda etapa disputarase o sábado 30 de maio, con inicio ás 9:00 horas en Parada de Sil e cun percorrido aproximado de 68 quilómetros. A terceira e última xornada terá lugar o domingo 31 de maio, tamén ás 9:00 horas, con saída desde Esgos e un trazado duns 42 quilómetros.

⚙ Configurar cookies
0.079883098602295