Transportes retira os entullos baixo o viaduto da A-52 en Barbadás

OurenseXa
O goberno local amosa a súa satisfacción pola limpeza e recuperación deste terreo, titularidade de Transportes, aínda que lamenta o atraso co que chega
obras-barbadas
12 Feb 2025

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar a retirada dos entullos acumulados na explanada situada baixo o viaduto da A52. Estes terreos, de titularidade estatal, foron obxecto de diversas reclamacións por parte do Concello co obxectivo de lograr a súa limpeza e recuperación.

Os concelleiros Daniel Rey e Victoria Morenza expresaron a súa satisfacción ante o inicio dos traballos, aínda que consideran que a súa execución se produciu cun considerable atraso.

Esta actuación, sinalan, foi posible grazas á insistencia do Concello de Barbadás, que, a través das reiteradas xestións realizadas por Victoria Morenza e Daniel Rey, conseguiu que os organismos competentes asumisen as súa obrigas respecto a estes terreos. Os pasos posteriores e a futura xestión deste espazo quedan agora baixo a responsabilidade do Ministerio, como titular do mesmo.

0.16859698295593