Últimos días para anotartse na carreira A Derradeira de Allariz

OurenseXa
O prazo estará aberto na Piscina Municipal ata este martes
a-derradeira-allariz
27 Dec 2025

O Concello de Allariz tebn aberto ata este martes, 30 de decembro, o prazo de inscrición para a carreira máis especial do ano, “A Derradeira 2025”, que se celebrará o próximo 31 de decembro.

A competición contará con dúas categorías, unha infantil que sairá ás 16:00 horas e outra adulta, con saída ás 16:30 horas.

As inscricións poden realizarse na Piscina Municipal, chamando ao 988 442 083 ou enviando un correo a piscina@allariz.gal.

Ademais, para poder correr, cada participante deberá entregar un quilo de alimentos non perecedoiros, que se recollerán o día da carreira e destinaranse a Cáritas Allariz.

⚙ Configurar cookies
0.080734968185425