Últimos días para participar no XIII Concurso de Fotografía de Nadal 'San Cibrao en Nadal'

O Concello de San Cibrao das Viñas anima a veciñanza a enviar unha imaxe orixinal e inédita sobre estas festas antes de que peche o prazo
concurso-nadal-san-cibrao
5 Jan 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas ten aberta a convocatoria do XIII Concurso de Fotografía de Nadal 'San Cibrao en Nadal', unha iniciativa coa que busca impulsar o interese pola fotografía e polas celebracións destas datas, ao tempo que se crea un arquivo visual do municipio.

A participación está aberta á veciñanza empadroada e cada persoa poderá presentar unha única fotografía, que deberá ser de autoría propia, orixinal, inédita e actual. Admítese edición dixital, pero non a manipulación mediante a eliminación ou engadido de elementos alleos á escena captada. As imaxes poden ser en cor ou branco e negro e deben enviarse en formatos estándar (JPG, JPEG, PNG, BMP), sen sinatura nin marca de auga e cun tamaño máximo de 10 Mb.

As fotografías deben remitirse ao correo cultura@sancibrao.es xunto cos datos do participante (nome e apelidos, correo electrónico, teléfono, lugar de residencia actual e DNI). No caso de menores de 18 anos, será necesaria a autorización do pai, nai ou titor legal.

O xurado avaliará as obras atendendo á creatividade, orixinalidade, adecuación á temática do Nadal e calidade fotográfica, cunha puntuación do 25% para cada criterio. Haberá tres premios nas modalidades infantil e adulta. En adultos, os galardóns son de 250 euros, 150 euros e 100 euros. En infantil, entregaranse vales por importe de 150 euros, 100 euros e 50 euros. O Concello lembra que se trata dos últimos días para participar e anima a presentar propostas antes do peche do prazo, previsto para este martes ás 23.59 horas.

⚙ Configurar cookies
0.060626983642578