Un desfile de máscaras e batucadas dará comezo este sábado ao Entroido de Barbadás

OurenseXa
A terceira edición das Mascaradas Ancestrais percorrerá esta tarde as rúas do concello
mascaradas-ancestrais-barbadas
Imaxe da II edición das Mascaradas Ancestrais de Barbadás
14 Feb 2025

Este sábado, 15 de febreiro, a partir das 16.30 horas, Barbadás acollerá a III edición das Mascaradas Ancestrais, unha celebración que dará comezo á programación de actividades do Entroido 2025 en Barbadás e que pon en valor as tradicións e entroidos máis antigos de Galicia. Este ano, a máscara homenaxeada será A Pita de Eiroás, unha das figuras máis representativas do entroido ourensán. Na pasada edición, as figuras homenaxeadas foran os Labardeiros e Señoritas de Mugares.

O evento dará comezo cun desfile de máscaras que partirá dende a Casa do Concello ata o Museo da Gaita de Fole, acompañado polo ritmo e a enerxía das batucadas Os Trebóns e Vilatuke. Unha vez chegados ao Museo, os participantes ofrecerán unha pequena representación para o público asistente.

A xornada continuará cunha serie de actuacións musicais a cargo dos grupos Ferreñas no Luscofusco e Os Rampeiros, que achegarán a súa música tradicional para completar unha tarde de festa e reivindicación cultural.

O Concello de Barbadás convida a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta festa única, que pon en valor a riqueza das mascaradas ancestrais e a súa importancia na identidade cultural e costumes propias.

0.14898490905762