Un equipo Enxeñaría Informática do campus de Ourense gañou o 'Concurso de ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo'

OurenseXa
Os membros deste equipo ourensán lograron alzarse gañadores grazas a súa proposta dun xogo de estratexia chamado 'AirEmpires: Sky Management'
Entrega do premio do 'Concurso de ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo'
15 Xul 2024

Un equipo da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense vén de gañar a segunda edición do 'Concurso de ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo', un certame convocado por Enaire a través do seu centro de investigación, crida.

Os membros deste equipo ourensán lograron alzarse gañadores grazas a súa proposta dun xogo de estratexia chamado 'AirEmpires: Sky Management'. Trátase, segundo explican desde o campus de Ourense, dun xogo de estratexia en tempo real que se pode xogar a través de Internet e que fusiona a xestión do tráfico aéreo coa construción e expansión ao estilo do coñecido xogo Age of Empires.

O obxectivo principal deste certame é “fomentar a iniciativa emprendedora e impulsar a transformación de ideas de negocio en empresas reais, promovendo e desenvolvendo ideas en fases iniciais” e o premio final está dotado con 10.000 euros.

0.40987300872803