Unha avaría obriga a pechar unha das ramplas de Concordia ata a vindeira semana

OurenseXa
Polo de agora descoñécense as causas desta avaría que afectará ao funcionamento da rampla número tres durante unha semana
Ramplas Concordia
7 Out 2024

A rampa número tres da rúa Concordia estará inoperativa ata o 14 de outubro por avaría no pasamanos, segundo informou o propio alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nun comunicado.

O rexedor lembra que a rampla, unha das sete instaladas nesta céntrica rúa, está aínda en periodo de garantía.

As ramplas entraron en funcionamento o 19 de maio de 2023 e, pouco despois, no es de xuño, avariaronse tras unha forte tormenta, o que abriu o debate sobre se a infraestrutura debería contar cun teito para evitar este tipo de problemas.

Nesta ocasión, o Concello non especificou se as causas da avaría debéronse as choivas da fin de semana, a un fallo técnico o a algún acto de vandalismo. Iso sí, o rexedor afirma que estarán arranxandas no prazo dunha semana.

0.086664915084839