Unha avaría obrigará a cortar o suministro de auga en varios puntos do Concello de San Cibrao das Viñas
OurenseXa
O corte afectará ao Polígono de San Cibrao das Viñas, ao parque tecnolóxico e aos lugares de Pazos de San Clodio, Valiñas, Carballeira, Mioteira, Santa Cruz, Calvos, Castroverde e A Castellana

8 Aug 2024
Debido á reparación dunha avaría na rede principal de abastecemento do polígono de San Cibrao das Viñas, producirase un corte no suministro de auga dende este xoves 8 de agosto a partir das 20.00 horas ata as 08.00 horas do venres 9 de agosto.
O corte afectará ao Polígono de San Cibrao das Viñas, ao parque tecnolóxico e aos lugares de Pazos de San Clodio, Valiñas, Carballeira, Mioteira, Santa Cruz, Calvos, Castroverde e A Castellana. Estas zonas quedarán sen suministro ou cunha baixa presión do servizo.