Unha representación do Ximnasia Burgas participará nos World Games 2025

OurenseXa
A ximnasta Melania Rodríguez e o xuíz internacional Santiago Filgueira, ambos integrantes do club Ximnasia Burgas, participarán nesta competición internacional que se celebrará en Chengdu (China)
ximnasia-burgas-world-games-2025
Representación do Ximnasia Burgas no World Games 2025
4 Aug 2025

O Ximnasia Burgas contará cunha representación nos Xogos Internacionais World Games 2025 que se celebrarán en Chengdu (China). A ximnasta Melania Rodríguez e o xuíz internacional Santiago Filgueira representarán ao club ourensán nesta cita deportiva.

Melania Rodríguez competirá na especialidade de Dobre Minitramp, disciplina na que xa posúe o récord mundial, e na que se enfrontará ás oito mellores ximnastas do mundo. Pola súa parte, Santiago Filgueira acudirá ao evento como xuíz representante de España, tamén na modalidade de trampolín.

A expedición española complétase co ximnasta masculino de Valladolid que competirá no mesmo aparato, a seleccionadora Teresa Ginés, representantes da modalidade de ximnasia acrobática da Comunidade Valenciana co seu adestrador, o xuíz galego Gonzalo Ogando, e Covadonga Menéndez, en representación da Real Federación Española de Gimnasia.

Desde o club destacan que é “un honor participar nun dos eventos máis importantes do deporte mundial”.

⚙ Configurar cookies
0.16890501976013