Varios barrios de Ourense quedan sen luz a causa dun apagón

Ourense volveu quedar sen luz esta mañá a causa de varios apagóns que deixaron sen subministración eléctrica a numerosos barrios da cidade.
A zona das Lagoas, onde se atopa a Universidade, o centro, O Vinteún ou A Valenzá foron as máis afectadas por esta avaría, que tamén provocou cortes de carácter intermitente noutros puntos da cidade dende primeira hora.
A avaría logrou solucionarse a media mañá, despois de varias horas de incidencias. O tráfico e os negocios locais operan xa con total normalidade.