Verea organiza este xoves un obradoiro de calcetíns de Nadal
OurenseXa
Será ás 16.30 horas na Casa da Cultura

12 Dec 2024
O Concello de Verea organiza este xoves, a partir das 16.30 horas, un obradoiro para aprender a facer calcetíns de Nadal personalizados que terá lugar na Casa da Cultura.
A actividade forma parte do programa de Nadal organizado polo Concello e servirá non só para que os e as asistentes aprendan a realizar os seus calcetíns personalizados, senón que tamén servirá para contribuír aos decorados de Nadal do Concello, xa que os calcetíns realizados neste obradoiro colgaranse da árbore de Nadal do Concello de Verea durante as festas.