Víctor Nóvoa: "queríamos que os rapaces tivesen outro club na cidade"

OurenseXa
O adestrador e coordinador deportivo do Club Balonmán Miño, Víctor Nóvoa, destaca a evolución do club durante os últimos anos
Club Balonmán Miño
Club Balonmán Miño
17 Nov 2024

Fai tres anos nacía en Ourense o Club Balonmán Miño. Víctor Nóvoa Carrera, adestrador e coordinador deportivo do club, conta como foi a evolución desde a súa creación ata hoxe.

Cando nace o club?

O Club nace en 2021. Tanto eu como os meus compañeiros levamos máis de 25 anos e entre todos quixemos dar un paso adiante e crear este proxecto, queríamos que os rapaces tivesen outro club na cidade.

Como evolucionou ata o de agora?

Estamos a crecer moito, estamos a tentar captar novos adestradores, que os rapaces que aínda non chegan á idade de adestrar vaian collendo o gusto por este deporte. Este ano, de feito, sacamos o equipo infantil feminino.

Cantos equipos tedes?

Agora mesmo temos sete equipos, dous infantís, dous alevíns, un infantil feminino e outro masculino, e un senior masculino. O ano pasado fomos uns 95 e este ano creo que mesmo superamos esta cifra.

Que obxectivos vos marcais para esta tempada?

O obxectivo é seguir mantendo o número de licenzas e que os rapaces sigan collendo o gusto polo balonmán, e aos poucos ir aumentando o número de equipos.

O obxectivo máis difícil pode ser o ascenso de categoría do equipo senior masculino. Este ano renovamos o persoal, hai moitos xogadores novos e que nunca xogaran xuntos, moitos da zona do ribeiro que decidiron vir adestrar connosco.

0.20364594459534