Xosé Antonio Touriñán actuará no Mosteiro de Santo Estevo o 3 de agosto

O humorista levará a Nogueira de Ramuín o seu monólogo ‘Aquí Tou’ dentro do programa Agosto Cultural 2025
Xosé Antonio Touriñán
10 Jul 2025

Dentro da programación do Agosto Cultural 2025 do Concello de Nogueira de Ramuín, o humorista Xosé Antonio Touriñán presentará o seu monólogo ‘Aquí Tou!’ o vindeiro domingo 3 de agosto, no Claustro dos Bispos do Mosteiro de Santo Estevo. A actuación comezará ás 21:00 horas.

En ‘Aquí Tou!’, Touriñán repasa a súa vida desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un hipotético epitafio. O espectáculo combina realidade e ficción, anécdotas persoais, cultura popular galega e humor, para facer un percorrido polos momentos clave do seu camiño vital. Un monólogo no que o humorista relata e representa decisións, casualidades e recordos cos que moitos galegos se sentirán identificados.

⚙ Configurar cookies
0.16592001914978