Ourense
SATSE denuncia que a nova Unidade do Ictus do CHUO comeza sen o número adecuado de profesionais
Ante o inicio de actividade en vindeiras datas da Unidade de Ictus en Ourense SATSE denuncia a falta de persoal e esixe unha dotación de enfermeiras que asegure un bo funcionamento da nova unidade que se vai por en marcha.
Ourense pon en marcha o proxecto “A Deputación Escoita”
Unha vez as bases sexan publicadas no Boletín Oficial da Provincia, o prazo de presentación dos traballos participantes rematará o 30 de abril
O BNG comprométese a crear a Axenda Territorial Galega para o impulso das comarcas ourensás
Noa Presas apoia a mobilización convocada para este mércores, 7 de febreiro, e comprométese a impulsar desde o goberno galego a recuperación da Área Sanitaria e a incorporación de profesionais para garantir unha sanidade pública de calidade
O PSdeG-PSOE comprométese a rematar o enlace da autovía A-52 coa zona industrial de San Cibrao
Carmen R. Dacosta denuncia que a actual conexión coa A-52 “remata en terra de ninguén” e subliña que “non hai conectividade real e efectiva, polo que se resta competitividade ás empresas instaladas nesta zona industrial prioritaria da comarca e a provincia de Ourense”
O PPdeG comprométese a construir un novo centro de saúde para Mariñamansa
Julio Comesaña e Luis Menor comprométese a construir un novo centro de referencia para os barrios de Mariñamansa, San Francisco, Barrocás, Seixalbo e Santa Mariña, nos terrenos da Deputación xunto ao CHUO.
O DOG publica hoxe as novas axudas ao emprendemento que oscilan entre 3.000 e 30.900 euros
Desde hoxe poden pedirse as axudas que, con 1,3 millóns de euros, están dirixidas aos autónomos para a contratación de persoas traballadoras indefinidas
A Facultade de Relacións Internacionais de Ourense organiza unhas xornadas co gallo do Día Internacional da Muller
A Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense organiza, con motivo do Día Internacional da Muller, a xornada "International Women’s Day. Invest in women.", baixo o lema “investir nas mulleres”.
A Ministra de Vivenda e Axenda Urbana participa un acto sobre a política de vivenda no século XXI en Barbadás
A ministra de Vivenda e Axenda Urbana visitou o posto informativo da candidatura socialista en Ourense e participou en Barbadás nun acto sobre a política de vivenda no século XXI
Luis Menor agradece o esforzo e compromiso dos interventores e apoderados en Ourense
O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse coa militancia activa do PP que Ourense que estará a xornada electoral nas 142 mesas electorais da cidade
Axenda de campaña para o domingo 4 de febreiro
Axenda electoral para o domingo 4 de febreiro na provincia de Ourense
Pedro Sánchez lidera o mitin do PSdeG-PSOE celebrado este sábado en Ourense
Unhas 1.200 persoas reuníronse este sábado en Ourense no mitin de PSdeG-PSOE celebrado en Expourense, que contou coa presenta do Presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
O BNG censura a supresión do Programa Concilia do Concello de Ourense
A Concelleira Erea Blanco lembra que, “desde o BNG xa advertimos no mes de agosto de que a intención do actual Goberno Local é desmantelar os Servizos Sociais e agora vese claramente co desmantelamento dun programa que deixa a decenas de familias sen alternativas”
Os consorcios provinciais de bombeiros e os representantes sindicais comarcais chegan a un acordo
Desconvocarase a folga e continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos 24 centros de traballo de toda Galicia
Arrinca a campaña electoral en Ourense
A campaña electoral para as Eleccións ao Parlamento de Galicia arrincou esta noite coas tradicionais pegadas de carteis.
O Concello recorrerá a sentenza que obriga a indemnizar a Seguridade Social pola compra de locais na Praza de San Antonio
O Concello de Ourense recorrerá a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obriga o Concello a indemnizar a Tesourería Xeral da Seguridade Social polos gastos realizados na compra de locais para oficinas na Praza de San Antonio
Transportes adxudica por 111,7 millóns de euros as obras de ampliación da nova estación intermodal de Ourense
O proxecto impulsa a integración do ferrocarril na cidade, triplicará o espazo da estación para viaxeiros e dotaraa de 11 vías, tres delas de alta velocidade, que se cubrirán parcialmente.
A Xunta recibe seis ofertas para executar as obras de renovación do firme da autovía Dozón-Ourense
A intervención consiste na reparación do pavimento e o estendido dunha nova capa de rodaxe sobre toda a superficie de calzada nun treito de 13 km desta autovía
Expourense acolle o II Congreso de Viticultura Sostible
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou en Ourense na inauguración do II Congreso de Viticultura Sostible
O campus de Ourense oferta 13 obradoiros de extensión universitaria este cuadrimestre
Abranguen temáticas que van desde o teatro e danza ata o uso sexualizado da droga e o mindfulness
O BNG avanza un Plan de Choque de 200 millóns de euros para reverter a situación sanitaria en Ourense
O BNG avanza un Plan de Infraestruturas pendentes para Ourense en materia de Atención Primaria e un Plan de Choque de 200 millóns de euros para reverter a situación sanitaria
As charlas do Plan de Convivencia Escolar incorporarán as testemuñas de vítimas de violencia de xénero
En Ourense, o 83% dos centros educativos solicitaron charlas de sensibilización dentro do Plan Director
Comeza a IV Campaña de agasallo de libros para as nenas e os nenos empadroados en Ourense
A partir do xoves día 1 de febreiro até o 4 de marzo poderán escoller un libro nas 39 librerías asociadas á campaña Poderán acollerse á campaña os nenos e as nenas de 0 a 18 anos
O Concello de Ourense destinará unha axuda de 50.000 euros á Asociación Down Ourense para a adquisición dun novo local
O novo local dará resposta atenderá as 92 familias atendidas hoxe e a aquelas que están en lista de agarda