Novas de Ourense
O BNG pon o río Barbaña como exemplo do desamparo estatal cara a Ourense
Denuncian tres décadas de incumprimentos no saneamento dos ríos galegos e reclama unha recuperación integral que vaia máis alá da depuradora prevista
Os trens dirección A Coruña circularán con servizos alternativos por estrada durante sete días polas obras de Adif
A interrupción afectará as conexións con Santiago, Vigo, Ourense, Madrid, Lugo e Ferrol, polo que Renfe habilitará transporte alternativo por estrada e advirte de posibles cambios nos horarios e nos tempos de viaxe.
O orzamento provincial para 2027 da Deputación de Ourense rozará os 112,7 millóns, co Plan CooperOU como principal aposta
As contas do próximo exercicio medrarán un 2,06% respecto das actuais e manterán o programa de cooperación cos concellos como eixo principal, cunha dotación que chegará aos 20 millóns de euros
O PP de Ourense reclama melloras urxentes en infraestruturas e seguridade para o barrio de Mende
O grupo municipal popular levará ao próximo Pleno unha moción que recolle peticións veciñais sobre o estado dos viais, a ponte sobre o río, o parque infantil, a iluminación e a recollida de augas pluviais nesta zona da cidade
O PSOE de Ourense propón sumar a cidade a un modelo de turismo intelixente e crear un programa de inmersión en inglés para 3º da ESO
A formación levará ao pleno dúas propostas: unha busca trazar rutas dun e dous días que poñan en valor os atractivos da cidade, e a outra plantexa financiar unha estadía formativa no estranxeiro para estudantes de secundaria
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá o vindeiro sábado o concurso de monólogos científicos de Ourense
A cita de divulgación científica terá lugar o 7 de novembro a partir das 18.30 horas
Ourense é unha das oito cidades escollidas para acoller o 'UFF! Urban Femme Fest'
Julia Cry, Cecilia Zango e a artista coruñesa Hydn protagonizarán o concerto do 7 de novembro, ás 21.00 horas, dentro desta xira que percorre oito cidades españolas arredor do talento urbano feminino
A Aula de Teatro do Campus de Ourense pecha a súa xira con ‘Insurrección’ no Teatro Principal
A montaxe do grupo Maricastaña, inspirada en ‘Rebelión na granxa’ de George Orwell, chega a Ourense despois de pasar por varias cidades españolas e por Portugal, nunha función que servirá ademais para presentar o novo curso
Cristian González substitúe a Juan Diego Conde como cabeza de lista de Fronte Ampla por Ourense
O candidato inicial renunciou por un grave problema familiar e foi relevado durante o prazo de subsanación das candidaturas
Asociacións veciñais de Ourense debaten na xornada ‘A forza do movemento asociativo’
Representantes de asociacións veciñais, institucións e profesionais analizaron a situación do movemento asociativo na provincia nun encontro celebrado na capital ourensá
Un equipo universitario de Ourense logra o terceiro posto na HTL Zero Emission Challenge de Viena
O proxecto, impulsado por estudantes do Campus de Ourense, converteuse na primeira formación internacional en participar nesta proba cun kart eléctrico de baixo custo deseñado por eles mesmos
Ourense acollerá unha escola de familias sobre alimentación saudable nos comedores escolares
O encontro abordará os menús escolares, os produtos de proximidade e os cambios derivados da nova normativa de comedores
Alternativas na Xustiza denuncia que as causas pendentes de incoar se duplican no Tribunal de Instancia de Ourense
O sindicato alerta de que a redución do cadro de persoal e a falta de formación perante a chegada dun novo sistema informático agravan a carga de traballo do servizo de tramitación penal
Os sindicatos aprazan as caravanas reivindicativas do ensino concertado en Galicia polo accidente ferroviario de Toledo
A nova data da mobilización comunicarase unha vez estea pechada
O Ourense Black reunirá en novembro a sete escritores no primeiro festival galego de novela negra
Entre o 26 e o 28 de novembro, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá charlas, debates e sinaturas de libros con entrada gratuíta, nunha iniciativa que busca achegar o xénero criminal ao público a través do diálogo directo cos seus autores
A Deputación de Ourense respalda o papel dos autónomos na economía da provincia
Un encontro celebrado en Ourense serviu para repasar a situación do traballo por conta propia na provincia, que avanza a mellor ritmo cá do conxunto da comunidade
O Club Marbel celebra o Día Mundial do Xudo antes de viaxar á Supercopa de España de Jiu-Jitsu
O club ourensán conmemora hoxe a xornada reivindicando os valores desta disciplina, na antesala da súa participación este sábado nunha competición en Gran Canaria
Eventos
PSOE e BNG reclaman baixar as tarifas e fixar unha data de reapertura para a piscina termal das Burgas tras o anuncio de Jácome
Os dous grupos da oposición critican que o goberno local modifique a ordenanza apenas unha semana despois de aprobala e insisten en recuperar as propostas que quedaron fóra do texto
Ourense lembrará o 31 de outubro a dous fusilados do franquismo no Campo de Aragón
O acto, enmarcado no Día das Vítimas do Franquismo, celebrarase na Praza da II República e contará con varias intervencións
O Concello de Ourense propón un bono de 10 baños por 30 euros nas Burgas
A proposta incorporarase mediante alegación á ordenanza que regula o uso da piscina termal, actualmente en fase de información pública
O PSdeG-PSOE de Ourense pecha filas de cara ao 29 de novembro para tentar sumar representación no Congreso
Representantes municipais do partido na provincia reuníronse para coordinar a campaña, co obxectivo declarado de ampliar a súa presenza parlamentaria e evitar un cambio de ciclo político a nivel estatal
Colectivos de memoria histórica denuncian que o Subdelegado do Goberno non trasladou a súa petición sobre o futuro do vello cárcere de Ourense
Varias asociacións aseguran que a súa reunión coa Subdelegación tiña como obxectivo pedir a declaración do edificio como lugar de memoria, un propósito que, segundo denuncian, non quedou reflectido na comunicación oficial do encontro
Ábrese o prazo para que as empresas opten a xestionar as casetas do Mercado do Nadal de Ourense
O Parque de San Lázaro acollerá de novo o espazo nadalego, con vinte postos repartidos entre artesanía e alimentación, entre o 4 de decembro e o 6 de xaneiro
Avante Ourense reclama un plan municipal contra a soidade non desexada
A proposta busca impulsar a detección temperá e o acompañamento das persoas afectadas na cidade e na provincia










