OurenseXa
A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial entra oficialmente na súa recta final
Un grupo de consultores da UNESCO visitará en outubro a Ribeira Sacra no tramo final da candidatura, que xa forma parte das admitidas para ser avaliadas polo Comité Mundial da Unesco
O BNG de Ourense participou nas xornadas de traballo sobre vivenda organizadas no Parlamento europeo
O Portavoz municipal, Luís Seara, particpou en Bruselas nestas xornadas que buscan abordar a falta de vivenda asequible en Galicia
Eduardo Villar deixa a dirección do COB por motivos persoais
Despois de case tres anos, Villar deixa vacante a presidencia do club
Galicia celebra o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas con diferentes actividades
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) coordina unha programación especial de actos
O Inorde abre unha línea de axudas á creación de empresas ligadas ao agroturismo en explotacións agrarias
O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico aprobou as bases destas axudas por concorrencia competitiva, cunha dotación orzamentaria de 50.000 euros
Tecnópole contará cun laboratorio transversal para coordinar a ciberseguridade en Galicia
Estará integrado no Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA) que se está a construír actualmente en San Cibrao das Viñas
A Subdelegación do Goberno informa sobre os cambios do novo Regulamento de Estranxeiría
Eladio Santos pon en valor que este “reduce trámites administrativos e garante os dereitos das persoas migrantes”
O Concello de Ourense inicia os trámites para reabrir As Burgas e propón unha xestión directa
O Goberno municipal optará por esta fórmula se hai acordo coa oposición e lembra que a piscina termal será de pago, cun prezo de 8 euros por entrada individual
Iván Salgado presenta en Lugo o seu libro 'El arte de la victoria' cunha sesión de partidas simultáneas
Nado en Ourense en 1991, é considerado o xogador de xadrez máis destacado da historia de Galicia e obtivo o título de Gran Mestre no ano 2008
O PP lucense denuncia a “parálise” da autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada
Advirten de que a A-76 é unha infraestrutura clave para acceder á Meseta dende o interior de Galicia, vertebrando as comarcas de Quiroga, Lemos e Valdeorras
A Deputación presenta ás entidades do terceiro sector o plan provincial da economía dos coidados para 2026
Medio cento de asociacións sen ánimo de lucro participaron nun encontro no que se avanzou sobre a planificación desta iniciativa de cara aos vindeiros meses
Democracia Ourensana non cumpre ningún requisito de transparencia, segundo o Tribunal de Contas
O partido liderado por Gonzalo Pérez Jácome é un dos menos transparentes de toda España, segundo un informe que será presentado este martes no Congreso dos Deputados
Os socialistas esixen a Jácome que saque adiante todas as concesión en precario
Lembran que o partido de Jácome é “o menos transparente do noso país” e lamentan que o alcalde celebre ter que chegar a acordos extraxudiciais coas concesionarias
Máis de 17.000 persoas participaron nas actividades de saúde comunitaria organizadas na provincia de Ourense en 2024
Impulsadas polos equipos de atención primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, o seu propósito é promover o benestar físico, emocional e social a través da participación activa na comunidade
O campus de Ourense presenta o programa de cursos de extensión universitaria para 2025
Serán un total de 8 cursos de temáticas diversas, desde o liderado e o termalismo ata a lingua de signos, o audiovisual ou a igualdade
O Concello de Ourense proporá unha declaración institucional en apoio ao persoal da base de mantemento de Renfe
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, manifestou o seu apoio aos traballadores na planta na cidade e o compromiso do Concello para garantir o futuro do taller
O TSXG ratifica a condena a Jácome por quitarlle a palabra á voceira socialista nun pleno
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso presentado polo alcalde de Ourense e considera que houbo vulneración de dereitos
Os socialistas de Ourense amosan o seu apoio aos traballadores da base de mantemento de Renfe
Dende o PSOE ourensán trasladáronlle ao representante do Sector Ferroviario de CGT en Galicia “o compromiso de Renfe con Ourense” despois de anunciarse unha reorganización das actividades
As piscinas de Oira abrirán ao público este venres
O acceso será gratuíto durante toda a tempada, que se estenderá ata o 14 de setembro
A Deputación destina 350.000 euros para proxectos sociais de entidades sen ánimo de lucro
A contía máxima de cada axuda será de 15.000 euros e o prazo para solicitalas estará aberto durante un mes
OurenseXa
As Escolas Deportivas de Allariz brillaron na Copa Deputación con catro títulos en baloncesto
Ademais, no apartado futbolístico, o equipo benxamín do CD Allariz proclamouse campión da súa categoría
A ruta do viño da Ribeira Sacra Sil recuperou o tren turístico
O roteiro volveu a funcionar despois de dous anos percorrendo o tramo entre Empalme e Os Peares
O Concello de Ourense adhírese ao convenio da Xunta, Fegamp e Seaga para a xestión da biomasa
As persoas titulares de terreos nas 6 parroquias priorizadas poderán contratar os traballos a prezos reducidos




