Novas de Ribadavia
Cortan o tráfico na OU-406 ao seu paso baixo a vía do tren en Ribadavia tras o choque dun camión guindastre
A circulación quedou interrompida despois de que un camión con guindastre quedase atrapado por exceso de altura e se detectasen danos nunha viga da estrutura, de titularidade do Adif
A Deputación de Ourense destina preto de 7,8 millóns a unhas 200 actuacións nos concellos da provincia
A institución provincial reparte fondos entre os concellos para infraestruturas, servizos básicos e maquinaria contra os incendios forestais
A Noite Meiga de Ribadavia volve con desfiles, mercado e pasaxe do terror
A localidade ourensá despregará un amplo programa de actividades para o 31 de outubro, con pasarrúas, espectáculos itinerantes, un percorrido de terror no castelo e a tradicional queimada para pechar a xornada
Ribadavia acolleu unha formación sobre o tecido artesanal con gancho dentro do proxecto Vilas Vivas
Aberto desde o pasado mes de marzo, este espazo alberga tamén unha tenda de produtos amparados pola marca Artesanía de Galicia e o obradoiro do lutier Xosé Catoira, especializado na construción de violíns e violonchelos
O PSOE de Ribadavia advirte de que a caída da poboación por baixo dos 5.000 habitantes custaría ao municipio uns 200.000 euros anuais
A formación socialista denuncia falta de resposta ante unha tendencia demográfica que, de confirmarse, tamén suporía a perda de dous concelleiros no vindeiro mandato
Ribadavia presenta o seu plan local de economía social centrado no sector agrario, vitivinícola, cultural e turístico
O documento recolle un diagnóstico e unha serie de liñas estratéxicas para impulsar este modelo económico no municipio, coa participación de entidades sociais, cooperativas e empresas locais
O PSdeG-PSOE de Ribadavia denuncia tres anos de espera polo asfaltado da OU-504 ao seu paso por San Cristovo
Os socialistas acusan ao goberno local de non xestionar un compromiso xa adquirido coa Axencia Galega de Infraestruturas e anuncian que se dirixirán directamente a este organismo para reclamar a actuación pendente
Ribadavia acolle unha mostra de retratos de persoas e animais feitos a tinta e puntillismo
A mostra poderá visitarse na Igrexa da Madalena ata o vindeiro 27 de setembro
O Ribeiro será o eixo do vindeiro congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas no Carballiño
O encontro bienal celebrarase do 2 ao 4 de outubro na Casa da Baxanca, en Cabanelas, con preto de trinta actividades entre relatorios, mesas redondas e un roteiro guiado pola comarca
Ribadavia vive con éxito a primeira xornada da Festa da Istoria, que continúa este sábado cunha intensa programación medieval
Cabaleiros, pandereteiras e tabaleiros tomaron as rúas na primeira xornada dunha celebración que este sábado 29 de agosto recupera o ambiente da Idade Media con desfiles, espectáculos, recreacións e actividades para todos os públicos
Ribadavia celebrará no Museo do Viño de Galicia a VI Cata Sonora cun espectáculo de theremín
O músico Paulo Pascual presentará 'Theremin e complementos' o vindeiro 27 de agosto en Ribadavia, dentro da sexta edición desta iniciativa cultural
As XLI Xornadas de Folclore chegan ao seu fin cunha gala de clausura no Castelo de Ribadavia
As agrupacións procedentes de Armenia, Ecuador, México, Serbia e Taiwán participarán na última actuación desta edición, que comezará ás 23.00 horas no Auditorio Castelo de Ribadavia
Ribadavia acolle desde mañá a exposición de rúa 'Comedy Wildlife', con fotografías de natureza en clave de humor
Mañá inaugúrase no Parque dos Xardinillos esta mostra ao aire libre, que se poderá visitar de forma gratuíta ata o 13 de setembro
Unha rotura na rede principal de abastecemento en Ribadavia obriga a cortar a auga mentres se repara a avaría
Os equipos técnicos traballaron durante toda a noite para solucionar a incidencia e recuperar o subministro coa maior rapidez posible
Ribadavia prepárase para a XXXVII Festa da Istoria con desfiles, torneos e mercado medieval
A vila ourensá celebrará do 28 ao 30 de agosto tres xornadas con desfiles, torneos, mercado medieval e a recreación da tradicional voda xudía
Ribadavia acolle a presentación do poemario 'Destilación', de Paula R. Bouzas
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá o 14 de agosto a presentación deste poemario, coa presenza de José Luis Chao Rey
A exposición de rúa “Comedy Wildlife” chegará a Ribadavia do 19 de agosto ao 13 de setembro
A vila acollerá unha selección de 16 fotografías de natureza premiadas polo seu enfoque humorístico
Eventos
As XLI Xornadas de Folclore comezan o seu percorrido pola provincia de Ourense
A XLI edición desenvolverase ata o 20 de agosto con representacións de Armenia, Ecuador, México, Senegal, Serbia e Taiwán
As XLI Xornadas de Folclore regresan o luns para levar a música e a danza tradicional de seis países a 16 concellos da provincia
Preto de 170 artistas de Armenia, Ecuador, México, Serbia, Taiwán e Senegal participarán nesta edición, que arranca o 10 de agosto no Teatro Principal de Ourense
A sexta edición de Cata Sonora continúa este xoves co terceiro concerto no Museo do Viño de Galicia
O ciclo de concertos acústicos de Ribadavia combina música en directo, patrimonio e enoturismo con entrada gratuíta e unha degustación de viño ao remate de cada actuación
Diez concellos ourensanos se beneficiarán de una nueva partida de ayudas a la cooperación de la Diputación
A institución provincial mobiliza 236.000 euros para os concellos de A Mezquita, Baltar, Cenlle, Esgos, A Gudiña, Paderne de Allariz, Ribadavia, Toén e Vilar de Barrio
Dous proxectos realizados no centro de menores de Montealegre e na residencia Nosa Señora dos Anxos protagonizan unha exposición en Ribadavia
A mostra recompila un cento de pezas entre fotografías, colección de obxectos populares, obras artísticas ou de poesía visual, todas elas elaboradas polos participantes dos dous proxectos.
A Rede Provincial de Auditorios consolídase como motor cultural en Ourense con 56 concellos adheridos
No ano 2025, a Deputación destinou 150.000 euros a esta inicativa, coa que se realizaron máis de 110 actuacións nos distintos espazos culturais, cunha asistencia global que superou os 7.500 espectadores
As Xornadas de Folclore celebran a súa 40 edición con exposición dos carteis históricos
Actualmente, a mostra pode verse na Casa de Cultura de Allariz, e posteriormente trasladarase ao Carballiño, Xinzo e Ribadavia










