Novas de San Cristovo de Cea
A Deputación de Ourense amplía un mes o prazo para xustificar as axudas a concellos para vivenda en alugueiro
O novo prazo esténdese ata o 30 de novembro de 2026. A sesión tamén aprobou expedientes de subvencións a concellos e entidades, ademais de modificacións do CooperOU solicitadas por varios municipios
O obradoiro Vía da Prata V avanza coa formación de 20 alumnos traballadores
A iniciativa, impulsada conxuntamente polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín, combina formación teórico-práctica nos módulos forestal e de albanelería con tarefas en beneficio da veciñanza
O campo de fútbol de O Lodairo, en San Cristovo de Cea, a punto para encarar unha longa tempada tras os traballos de mantemento
A instalación pasou por unha revisión e reparación do céspede, con labores de descompactado e limpeza do manto, e xa está preparada para acoller adestramentos e partidos do CD Cea e das Escolas Deportivas
A Deputación de Ourense abre a exposición pública o proxecto de ensanche da estrada entre Mandrás e Viduedo, en San Cristovo de Cea
O expediente, que afecta a un treito de algo máis de medio quilómetro desta vía provincial, poderá consultarse durante vinte días hábiles e admitirá alegacións por escrito
O Carballiño prepárase para recibir máis de 130 vehículos no seu rallye comarcal
A proba, puntuable para o campionato autonómico de rallyes, reunirá este fin de semana a numerosos afeccionados ao motor do sur de Galicia
O Concello de Cea presenta a exposición de pirogravados 'Xubilado, non te quedes parado' no Edificio Multiusos
Arturo Vázquez Crespo, "o Xiada", natural de Cea e veciño de Gandía, presenta do 1 ao 27 de setembro unha colección de pezas de pirogravado en madeira inspiradas en ambas as dúas localidades
O Concello de Cea retoma o Ciclo Mestre Mateo o 2 de setembro coa proxección de 'San Simón'
A segunda parte deste ciclo de cinema galego, que se desenvolve integramente no municipio, arrincará no Edificio Multiusos ás 20.00 horas
Licitada por máis de 838.000 euros a mellora da depuradora de San Cristovo de Cea
A actuación permitirá corrixir deficiencias da infraestrutura e incorporar sistemas automatizados para mellorar a súa eficiencia
Estabilizado o incendio forestal do Concello de San Cristovo de Cea
Para o seu control mobilizáronse 3 técnicos, 9 axentes, 14 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 8 avións e 8 helicópteros
A Xunta destinou 290.000 euros na construción de catro novos puntos de auga na provincia de Ourense
As actuacións leváronse a cabo nos distritos forestais XI (O Ribeiro-Arnoia), en Avión e San Cristovo de Cea; XII (Miño-Arnoia), en Nogueira de Ramuín; e XIV (Verín-Viana), en Verín








