OurenseXa
O BNG esixe a posta en marcha do transporte metropolitano de Ourense antes de 2027
Denuncian a “parálise institucional” nun servizo clave para a mobilidade e piden á Xunta, ao Concello de Ourense e á Deputación que asuman os acordos xa adoptados para a súa implantación
O artista Xosé Poldras inaugura unha exposición no Pazo Provincial
A mostra está composta por 37 obras elaboradas métodos tradicionais de estampaxe manual pero cunha visión contemporánea
Dez loitadores do Club Marbel representarán a Ourense no Europeo de Jiu Jitsu
Dez integrantes do Jiu Jitsu Club Marbel de Ourense participarán no Campionato Europeo de Jiu Jitsu, que se disputará na illa de Creta (Grecia) entre os días 14 e 21 de marzo de 2026
A Deputación de Ourense convoca a trixésimo quinta edición do Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo
O prazo de presentación de propostas rematará dentro de 15 días naturais e nesta edición o premio ao mellor traballo está dotado con 4.000 euros e o accésit ao segundo mellor valorado con 1.000
A CEOE e a Confederación Española de Organizacións Empresariais reforzan a súa colaboración
O presidente da Confederación Empresarial de Ourense, David Martínez, mantivo un encontro con Antonio Garamendi, presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais, para abordar posibles vías de colaboración
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras reduce os tempos de espera e aumenta a actividade asistencial
O tempo medio de acceso a unha primeira consulta redúcese nun 27,7 %, pasando de 86,2 días a 62,3, cunha significativa baixada dos tempos medios de acceso en Valdeorras.
O PSdeG de Ourense carga contra o Goberno de Rueda e o acusa de “abandono sistemático” da provincia
Alertan do impacto dos incendios, da perda de emprego, do deterioro da sanidade pública dunha “débeda histórica” de máis de 1.200 millóns coa cidade de Ourense
GaliciaXa
O Plan Director acadou os 35.251 centros participantes na provincia de Ourense en 2025
Segundo as estatísticas presentadas hoxe, en 2025 este plan para a convivencia e mellora da seguridade desenvolveuse o pasado ano en 132 centros educativos da provincia, un 2 % máis que no ano anterior
Ourense lanza unha campaña de reciclaxe de vidro impulsada por intelixencia artificial
Trátase dunha iniciativa impulsada polo Concello e Ecovidrio e que usa por primeira vez a IA para mellorar a recollida de residuos e sensibilizar á poboación
A Deputación reparte 450 balóns aos clubs da Copa Deputación de fútbol base
Nesta tempada participan un total de 232 clubs entre fútbol-8 e fútbol sala, unha cifra que consolida a Copa Deputación como unha das citas máis relevantes do calendario deportivo base na provincia
Rematan os traballos de mellora paisaxística na contorna do Castelo da Peroxa
As intervencións realizadas consistiron na mellora da paisaxe agraria e na conservación de alados e sebes
A cativada de Allariz ten unha nova cita cos obradoiros de contos, música e danza con Getsemany Valenzuela
Será este sábado e estará dirixido a nenos e nenas de entre 2 e 6 anos
O CIM móbil achegouse a Nogueira de Ramuín para sensibilizar á veciñanza en materia de igualdade
Proximamente, o servizo desprazarase a outros concellos ourensáns como Baños de Molgas, A Bola, Larouco, Chandrexa de Queixa, Taboadela ou Paderne de Allariz
A Deputación de Ourense e a Asociación Provincial de Autoescolas impulsan un ciclo formativo exclusivo en Galicia
Actualmente, máis de medio cento de alumnos de toda Galicia e do noroeste peninsular están inscritos neste programa que busca garantir a remuda xeracional no sector
Comezan as obras de mellora da rede de saneamento en Palmés
As actuacións inclúen a instalación de 1.460 metros de nova tubaxe distribuída en catro ramais distintos no tramo que conecta o campo de fútbol co núcleo do Burgo
As Deputacións de Ourense e Pontevedra colaboran en dous proxectos transfronteirizos sobre o medio rural
Valoradas en máis de 6 millóns, as iniciativas buscan impulsar a innovación e os coidados para unha vida activa no medio rural transfronteirizo e a eficiencia enerxética e a sustentabilidade dos edificios das entidades locais
O Festival Ourenclásica continuará este sábado cun concerto a cargo de Catina Bibiloni e Manuel Burgüeras
A soprano mallorquina e o pianista, acompañante habitual de Montserrat Caballé, actuarán no Teatro Principal no segundo concerto deste ciclo promovido pola Deputación e o Ateneo
A Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo renova a súa directiva para o período 2026-2030
Marisol Delgado asume a presidencia substituíndo a Xosé Carballido, quen completou os dous mandatos consecutivos que permiten os estatutos da entidade
O Teatro Principal de Ourense participará na nova produción de ‘La flauta mágica’
Trátase dunha coprodución do Teatro Real xunto co Teatro de la Maestranza e o Teatro Principal de Ourense que chegará á cidade das Burgas en datas aínda por fixar
Ecos de Moura organiza unha nova edición do seu taller de Ecopercusión
Será o 14 de marzo na Escola de Moura e será necesaria inscrición previa
O parque infantil de Ribeira de Canedo será renovado cun investimento de 48.396 euros
A actuación incluirá a renovación dos xogos infantís, a adecuación do terreo e a mellora da seguridade da zona
Maceda rendeu homenaxe ás Mozas de Castro de Escuadro
O municipio viviu un 8M “histórico e moi emocionante”, en palabras da alcaldesa, cunha xornada dedicada a estas mulleres que en 1944 foron detidas por celebrar o Entroido e permaneceron quince días na cárcere de Ourense
Ourense acolle a reunión do proxecto transfronteirizo Digital Expo
Impulsado por un total de seis entidades, a iniciativa busca potenciar a transformación dixital dos recintos feirais e centros expositivos da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal




