OurenseXa
OurenseXa
A Deputación de Ourense mobiliza 28.000 euros á cooperación con entidades culturais
A Xunta de Goberno desta semana tamén aprobou unha partida de 43.766 euros á cooperación con municipios
O local social da Asociación de Veciños de Solbeira, en Paderne de Allariz, acolle clases de bachata e salsa
A actividade impártese todos os mércores en horario de tarde
Esgos súmase á campaña de recollida de alimentos para este Nadal
Poderanse entregar nos puntos de recollida situados no Concello, a biblioteca, así como en bares e tendas sinalizados co cartel da campaña
Taboadela organiza un coloquio reflexionar sobre a violencia de xénero no marco do 25N
O encontro terá lugar o martes 19 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura
Preto de 70 escolares do CEIP de Allariz participaron nunha actividade sobre compostaxe doméstica
Nenos e nenas de 4º de Primaria aprenderon sobre a importancia desta práctica a prol da sustentabilidade e o coidado do medio ambiente
Cinco deportistas do Marbel competirán no Open Nacional de Jiu Jitsu
Leire Carrera, Juan Seoane, Benjamín Junior Iglesias, Yago Nguyen Rodríguez e Rubén Córdoba representarán ao club ourensán na competición
O Concello da Bola acollerá un Campamento Dixital de Nadal para nenos
Será os días 22 e 23 de decembro e o prazo de inscrición xa está aberto
Menor destaca a futura Estación de Mercadorías Ferroviarias de San Cibrao para garantir a competitividade tecido industrial
A localización desta terminal, lembrou o presidente provincial, non é casual, xa que o 90% das mercadorías que se moven na provincia parten actualmente do Parque Empresarial de San Cibrao
OurenseXa
A Deputación de Ourense presenta uns orzamentos para 2026 que superan os 110 millóns de euros
O eixo principal destes orzamentos será o Plan CooperOU, que contará cun investimento total de 19 millóns de euros
Catro ourensáns do Club Marbel competirán no Open Infantil de Jiu Jitsu en Castellón
O club ourensán agarda repetir os resultados do ano pasado, cando logrou tres medallas de ouro e unha de prata na mesma competición
A Xunta ofrece cofinanciar con Deputación e praceiros a rehabilitación da Praza de Abastos nº1
A Xunta acusa a Jácome querer "ir a unha guerra xudicial cunha ameaza de desafiuzamento”, mentres que o alcalde considera que o anuncio da Xunta é “unha proposta trampa”
O BNG reclama cambios nos orzamentos do INORDE ao considerar que duplica estruturas e gasto público
Para os nacicionalstas, “o INORDE un órgano que duplica esforzos económicos, materiais e humanos, e polo tanto perfectamente prescindible”.
Ourense súmase ao Día Mundial da Diabetes con actividades de sensibilización e revisións gratuítas
A Asociación Diabética Auria instalará una mesa informativa no CHUO para concienciar sobre a importancia da prevención
OurenseXa
A Deputación de Ourense e Cruz Vermella reforzan a súa colaboración a través do programa “Apoio á infancia”
A iniciativa ofrece axuda escolar e promove hábitos de alimentación saudable entre o alumnado, especialmente nos concellos máis pequenos de Ourense
GaliciaXa
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación amplía o confinamento de aves de cría a todas as granxas de España
A orde, publicada hoxe no BOE, reforza as medidas preventivas ante o aumento do risco de expansión da gripe aviaria
Aprobado o expediente para contratar as obras de mobilidade vertical na Rampa de Sas
O proxecto conta cun orzamento de 3,6 millóns de euros e contempla a instalación dun total de seis ramplas mecánicas
“Se chove, que chova” gaña o premio do público no Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2025
O xardín creado por Isabel Gutiérrez García, Mónica Alonso Martínez Laya e Lucía González Garrido foi elixido como o favorito cun 22,4 % dos votos
Ourense suma un novo punto violeta na sede dee UGT
Dende a subdelegación do Goberno destacan a ampliación desta rede na provincia, que ten como obxectivo sinalar unha serie de espazos seguros para as vítimas de violencia machista
Comezan as obras de reforma na rúa Emilia Pardo Bazán
Os traballos consistirán fundamentalmente na reparación do firme da calzada e beirarrúas, que poden ser complementadas con pequenas melloras na drenaxe, na sinalización e no balizamento
O Concello pechará as Termas do Muíño da Veiga e A Chavasqueira o vindeiro luns
O espazo termal permanecerá clausurado ata a próxima primavera
O Concello de Ourense ameaza con proceder ao desaloxo dos comerciantes da Praza de Abastos proximamente
Segundo o Goberno de Pérez Jácome, os praceiros non presentaron o proxecto de traslado en prazo polo que o Concello procederá a resolver o expediente
O Centro Cultural Marcos Valcárcel inaugura a exposición “A música do silencio” de Vidal Souto
A exposición recolle traballos realizados desde os anos noventa ata as últimas creacións do artista, e poderá verse ata o 11 de xaneiro
GaliciaXa
A borrasca Claudia sacode Galicia con máis de 200 incidencias
A borrasca Claudia sacode Galicia con máis de 200 incidencias por vento e choiva, especialmente en Pontevedra e A Coruña. Houbo caída de árbores, postes e cables, inundacións e cortes de tráfico. Aemet mantén avisos amarelos para o xoves.



