Eventos
O Entroido dos Farrumecos volverá a Sobradelo o 24 de xaneiro con bus desde Ourense e Allariz
A xornada incluirá a estrea da Rinchona e saídas pola aldea, xantar de cocido, entrega de premios e ‘festa rachada’ ata a noite
Allariz programa unha sesión de 'música, contos e danza' para crianzas de 2 a 6 anos
A actividade, a cargo de Getsemaní Valenzuela, celebrarase o sábado 17 de xaneiro no Fogar dos Maiores con dous pases: 11.00-12.00 e 12.00-13.00 horas
A Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar leva ao Auditorio dos Gozos a comedia 'Puntadas Rebeldes'
A función será o 10 de xaneiro ás 18.30 h cunha adaptación libre de 'Lisístrata', dentro da programación de 'Nadal no Pereiro'
Paderne de Allariz organiza un curso intensivo de defensa persoal para mulleres con sesión de 10.30 a 19.30 h
A formación celebrarase o 18 de xaneiro no salón de actos do Concello e inclúe inscrición a través de Servizos Sociais no 988 29 30 00
Esgos recibirá os Reis Magos o luns 5 no Centro Cultural Parada Justel
A visita está prevista ás 12.00 h e pecha a programación de Nadal, que inclúe recollida de alimentos, concurso de tarxetas, actividades infantís e un obradoiro de maxia esta fin de semana
Amencer leva ao teatro dos Salesianos o XXX Boscomusic, un concerto solidario a favor de Proxecto Home
A cita será o sábado 3, ás 19.00 h, con entrada a 3 euros e a participación de máis de 30 músicos nun festival que forma parte da programación 'Nadal en Amencer'
A Cabalgata de Reis de Ourense sairá o luns ás 18.00 h da estación e poderá seguirse en directo pola app municipal
O Concello activará un dispositivo con tres puntos de atención médica, zonas reservadas para PMR e restricións de seguridade como a prohibición de usar paraugas para recoller caramelos
Diverlandia enche Barbadás de xogos e animación nunha tarde con visita dos Reis Magos
O Polideportivo Municipal acolle hoxe, 2 de xaneiro, a actividade de 16.00 a 20.00 horas, con acceso mediante invitación recollida con antelación
OurenseXa
O monólogo improvisado de Pepo Suevos chega esta noite á Casa da Cultura de Monforte
O actor galego presenta ‘Á caída’ hoxe venres 2 de xaneiro ás 20.00 h, con entrada de balde, dentro da programación do Nadal 2025-2026


