200 alumnos da Escola Provincial de Danza participaron no Festival de Fin de Curso
A Escola Provincial de Danza do CCP Xaquín Lorenzo celebrou esta fin de semana o festival de fin de curso 2023-2024, no que os 200 alumnos dividíronse en dous grupos para realizar as súas actuacións no Auditorio do Conservatorio de Música de Ourense.
Os membros da Escola, de idades comprendidas entre os 4 e 75 anos ofreceron unha recompilación de pezas de música, canto e bailes tradicionais aprendidas durante o curso.
Con este festival finaliza o curso lectivo 2023-2024 da Escola Provincial de Danza, e todas as persoas interesadas poderán formalizar a matrícula para o curso 2024-2025 durante o mes de setembro.
Pero a actividade da Escola de Danza Castro Floxo continúa con diferentes actuacións previstas durante a temporada estival, con actuacións na TVG, a participación no Festival Internacional de Vinhó (Portugal), que se celebrará entre os días 19 e 21 de Xullo, a Romaría Etnográfica de Loñoá, en Pereiro de Aguiar, a Danza de Sta. Tegra, en Castro Caldelas, ou a inauguración das Xornadas de Folclore de Ourense, en agosto.