400 persoas percorreron as rúas da Valenzá na III Carreira pola Igualdade de Barbadás

OurenseXa
A cita deportiva logrou este ano bater o seu récord de participación
carreira-pola-igualdade-barbadas
16 Mar 2026

As rúas da Valenzá enchéronse este domingo de cor rosa coa celebración da III Carreira pola Igualdade e Contra a Violencia, organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Barbadás. A cita deportiva acadou nesta edición unha cifra récord de participación, con 400 persoas inscritas.

A carreira comezou ás 11.00 horas na Glorieta da Familia e percorreu varias das principais rúas da localidade, nun ambiente marcado pola reivindicación da igualdade entre homes e mulleres e pola sensibilización contra a violencia.

Antes da saída, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, xunto co tenente de alcalde e concelleiro de Igualdade, Daniel Rey, e Silvia Arce, referente do deporte feminino no municipio, dirixíronse aos participantes para agradecer a súa presenza e destacar a importancia de seguir avanzando cara a unha igualdade real en todos os ámbitos da sociedade.

A organización contou cun amplo dispositivo de seguridade para garantir o correcto desenvolvemento da proba, no que colaboraron efectivos da Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Barbadás, así como agrupacións de Protección Civil doutros concellos da provincia.

0.12550115585327