A 37 edición do campamento urbano 'Cidade de Ourense' chega ao seu fin
OurenseXa
O campamento contou coa participación de máis de 650 nenos e nenas de entre 8 e 16 anos de idade, e máis de 80 voluntarios e voluntarias
14 Ago 2024
O campamento urbano 'Cidade de Ourense', que organiza a asociación xuvenil Amencer coa colaboración do Concello de Ourense chegou este martes, 113 de agosto, ao remate da súa edición número 37, que se desenvolveu desde o día 1 de agosto na cidade.
A concelleira de Xuventude, Tamara Silva, asistiu á clausura desta actividade, que contou coa participación de máis de 650 nenos e nenas de entre 8 e 16 anos de idade, e máis de 80 voluntarios e voluntarias.