A AECC celebra o Día da Colecta na rúa do Paseo

OurenseXa
A campaña deste ano ten como obxectivo acadar un 70 % de supervivencia no cancro para o ano 2030
aecc-ourense
Día da Colecta da AECC en Ourense
8 May 2025

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense celebra este xoves, 8 de maio, o Día da Colecta cunha mesa situada na rúa do Paseo.

A xornada comezou cunha fotografía institucional na que participaron representantes de distintas administracións, amosando así o seu respaldo a esta iniciativa solidaria. Ata alí achegouse o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, que fixo un chamamento á cidadanía para colaborar na loita contra o cancro e destacou “o firme compromiso” do Goberno de España con esta causa.

A campaña deste ano ten como meta acadar un 70 % de supervivencia no cancro para o ano 2030, un reto ambicioso que, segundo a AECC, só será posible coa implicación de toda a sociedade. A entidade anima a colaborar a través das tradicionais huchas físicas, das doazóns en liña ou creando unha hucha dixital en mihucha.contraelcancer.es. Tamén se poden facer achegas a través da web dona.contraelcancer.es ou mediante Bizum co código 11244.

⚙ Configurar cookies
0.13887786865234