A Área Sanitaria do Ourense súmase aos festexos do Día do Neno Hospitalizado
OurenseXa
O persoal sanitario das unidades de hospitalización de pediatría do Hospital Materno Infantil organizaron unha xornada en homenaxe a todos os nenos e nenas hospitalizados
CHUO
14 Maio 2024
O persoal sanitario das unidades de hospitalización de pediatría do Hospital Materno Infantil quixeron unirse un ano máis á celebración do Día Internacional do Neno hospitalizado. A xornada trata de render unha homenaxe a todos os menos e nenas ingresadas, aos seus familiares, aos profesionais do hospital que os curan e os cuidan e a todos os voluntarios que os acompañan todos os días.
O 13 de maio de 1986 o Parlamento Europeo emitiu a resolución da Carta dos Dereitos do Neno Hospitalizado e, por iso, os profesionais da área sanitaria de Ourense uníronse este martes á conmemoración deste día.A enfermeira do CHUO, Maite López, o persoal sanitario das unidades de hospitalización do hospital Materno Infantil, o alumnado de cuarto curso da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense, voluntarias de Cruz Vermella, profesores e alumnos do CEIP de O Couto, así como a influencer ourensá Anapolitan, sumáronse a participar nun vídeo da Área sanitaria de Ourense “Cor esperanza” no que dous dos nenos ingresados no CHUO foron os grandes protagonistas.