A Asociación Cultural Rebulir entrega máis de 300 quilos de alimentos ao Banco de Alimentos de Ourense

OurenseXa
O Festival Internacional Rebulir destinou os cartos recadados coas entradas para a Gala Central para a adquisición destes produtos
campaña-alimentos-rebulir
Campaña de recollida de alimentos da Asociación Cultural Rebulir
22 Jan 2025

A Asociación Cultural Rebulir pechou  este martes a campaña de doazón de alimentos que comezou durante as datas de nadal.

A citada iniciativa está ao amparo da organización do Festival Internacional Rebulir (FIR2024), o cal destinou os cartos recadados coas entradas para a Gala Central para a adquisición destes produtos.

Asemade, tamén se instou a membros da asociación e veciños e veciñas do Concello de Ramirás a que fosen depositando no Centro Social municipal aqueles produtos cos que quixeran colaborar.  Deste xeito sumáronse mais de 300 Kg de alimentos e bebidas que foron recollidos por persoal do Banco de Alimentos de Ourense, entidade destinataria destes bens.

Os mozos e mozas de Rebulir veñen desenvolvendo múltiples iniciativas solidarias ao longo da súa historia contribuíndo a causas como a doazón de medula, a doazón de sangue, a prevención da violencia de xénero... e neste caso a recollida de alimentos. Así, estes  martes, desenvolven un compromiso coa súa comunidade que retornará como aprendizaxes baseados na responsabilidade individual.

 

0.17967987060547