A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos organiza un 'Taller de Manexo das Emocións'

OurenseXa
O curso forma parte das actividades que dende a asociación puxeron a cabo con motivo do Día da Muller
ammrr-esgos
Asociación de Mulleres Rurais de Esgos
1 Maio 2024

A Asociación de Mulleres Rurais 'Os Picotiños' de Esgos organiza o obradoiro 'Manexo das Emocións'. Trátase da segunda parte dun curso que arrancou o pasado abril e que forma parte das actividades que dende a asociación puxeron a cabo con motivo do Día da Muller.

O obradoiro terá lugar o venres, 3 de maio, ás 16.30 horas, no Centro Cultural Parada Justel.

0.21392393112183