A Asociación Diabética Auria conmemorará o Día Mundial da Diabetes con controis gratuítos na rúa do Paseo

OurenseXa
A asociación instalará unha carpa na rúa do Paseo o vindeiro 14 de novembro
Dia-Internacional-de-la-Diabetes
Día Internacional da Diabetes
7 Nov 2024

O próximo 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes. Por iso, desde a Asociación Diabética Auria realizará diversas actividades de concienciación sobre esta enfermidade.

Durante toda a xornada, a asociación instalará carpas na rúa do Paseo onde levarán a cabo medicións para detección de prediabetes e diabetes, así como de tensión arterial e saturación de osíxeno. Ademais, contarán coa colaboración da Casa dos Lentes, que fará medicións de tensión ocular, e o Colexio de Podólogos de Galicia para ofrecer información e asesoramento sobre o coidado dos pés e a prevención do pé diabético.

Como novidade, terase a posibilidade de realizar test de Hemoglobina Glicosilada ás persoas que teñan valores atípicos e as enfermeiras recoméndenllo. Adicionalmente, haberá colocadas dúas mesas de medicións con enfermeiras no CHUO, no novo edificio de Hospitalización no Cristal, de 10.00 a 13:00 horas.

Ás 12:00 horas levará a cabo a inauguración oficial da carpa, un acto onde está previsto que participen as autoridades da cidade. Xa pola noite, a Ponte Romana, a rotonda de Concepción Arenal e a Subdelegación de Goberno iluminaranse de azul para conmemorar o Día Internacional da Diabetes.

0.20882606506348