A Asociación Española Contra o Cancro en Ourense e o CHUO reforzan a súa colaboración

A Asociación Española Contra o Cancro en Ourense e o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense renovan un ano máis o seu convenio de colaboración, que foi asinado por Santiago Camba, xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Germán Rodríguez-Saá e Pilar López, presidente e secretaría da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.
Ambas entidades continúan reforzando así a colaboración que veñen mantendo dende fai anos co obxectivo de avanzar na loita, prevención, curación e mellora das condición de vida dos pacientes con cancro e os seus familiares.