A Asociación Española Contra o Cancro en Ourense pon o foco na loita contra o tabaquismo na xuventude

OurenseXa
Nun encontro co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, púxose en común a necesidade de previr o tabaquismo na xuventude e regular os límites de novos produtos como os vapeadores
manuel-pardo-reunion-aecc
Manuel Pardo e Germán Rodríguez-Saa
26 Sep 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o presidente da Asociación Española contra o Cancro de Ourense, Germán Rodríguez-Saa, mantiveron esta mañá un encontro no que abordaron as liñas de colaboración que manteñen ambas entidades.

Na xuntanza o delegado territorial e a asociación puxeron en común a relevancia dos programas de cribados poboacionais e coincidiron  na necesidade de previr o tabaquismo na xuventude e regular os límites de novos produtos como os vapeadores, tal e como contempla a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención de condutas adictivas que o Goberno galego está a tramitar.

Manuel Pardo reafirmou o apoio da Xunta a esta entidade coa que colabora desde hai anos no desenvolvemento de diferentes programas, o reparto de revistas, bebidas ou alimentos ás persoas que agardan pola quimioterapia, campañas de sensibilización ou actividades específicas para pacientes laringuectomizados ou con cancro de mama.

Resaltou tamén o delegado territorial que a Xunta ten en marcha a Estratexia de Xestión do Cancro en Galicia co obxectivo de reducir a incidencia desta patoloxía e mellorar a atención aos pacientes. Inclúe medidas para controlar os factores de risco, fomentar os hábitos saudables e aumentar os diagnósticos temperás.

0.15850305557251