A Asociación Móvete por Nogueira denuncia os destrozos na porta instalada no miradoiro do Péndulo
OurenseXa
A principios do pasado mes de xuño, a asociación Móvete por Nogueira insalou unha porta no conocido miradoiro do Péndulo.
4 Ago 2024
A principios do pasado mes de xuño, a asociación Móvete por Nogueira insalou unha porta no conocido miradoiro do Péndulo. A estrutura consiste nunha porta "sempre aberta" con unhas vistas ao río Miño, en pleno corazón da Ribeira Sacra, e por onde entran os últimos raios de sol, deixando unha imaxe que non deixa indiferente a quen o visita.
Agora, apenas dous meses depois, desde a asociación denuncian os actos vandálicos rexistrados a pasada semana na estrutura, na que se podía ler a inscrición "No hay llave la felicidad, la puerta siempre está abierta" e que agora, presenta graves danos, con letras borradas, segundo informan desde a plataforma.