A Biblioteca de Celanova acollerá este martes un coloquio con Xavier Alcalá e Manuel Cráneo
A Biblioteca de Celanova acollerá este mércores, 23 de outubro, ás 18.30 horas, unha charla cos autores Xavier Alcalá e Manuel Cráneo, titulada ‘Como se fixo Cinza: a novela gráfica’.
‘Cinza’ é a adaptación de Manel Cráneo do long-seller ‘A nosa cinza’, de Xavier Alcalá, unha obra que leva máis de 80.000 exemplares vendidos.
A novela narra a vida de Xoán, un rapaz criado durante a ditadura franquista, orfo de nai e fillo dun médico dunha familia galeguista. Ao longo de dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que pouco a pouco se converte nun destino de moda para o veraneo, asistimos ao crecemento de Xoán no duro contexto da época.
Cinza é unha obra universal e atemporal, chea de referencias aos temas que a sustentan: a morte, o sexo, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime totalitario.