A Biblioteca Nós acolle este mércores un encontro co escritor Xavier Quiroga

OurenseXa
Será ás 19.00 horas e está aberto ao público en xeral
Biblioteca Pública Nós, Ourense
7 May 2025

Este mércores, o escritor Xabier Quiroga, visitará a Biblioteca Pública Nós de Ourense para reunirse cos clubs de lectura do centro, nun encontro que tamén estará aberto ao público en xeral que desexe achegarse. Nel falarase, entre outras cousas, da súa última novela ‘Con la mano izquierda’, finalista da XVIII edición do Premio de Novela Europea do Casino de Santiago.

O encontro, que tiña previsto celebrarse o pasado 30 abril, tivo que ser aprazado e, finalmente, terá lugar esta tarde ás 19.00 horas.

A presentación forma parte dun extenso programa de actividades organizadas dende a Biblioteca durante este mes de maio, con especial atención á celebración do Día das Letras Galegas e á festa etnográfica Raigame.

⚙ Configurar cookies
0.16292309761047