A Biblioteca Nós acollerá a proxección dun documental sobre o Circo dos Muchachos

OurenseXa
Será este venres, 14 de marzo, e contará cun coloquio no que participarán familiares e exintegrantes do circo
Circo dos Muchachos, Benposta
Circo de los Muchachos, Bemposta
11 Mar 2025

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG e Xuventudes Socialistas de Ourense organizan a visualización dun documental sobre o Circo dos Muchachos e un posterior coloquio no que participarán familiares e exintegrantes. Será este venres, 14 de marzo, ás 19:00 horas na Biblioteca Nós con entrada de balde ata completar aforo.

Abrirán o acto a secretaria xeral da agrupación municipal do PSdeG-PSOE, Natalia González, e o seu homólogo na organización xuvenil, Miguel Gómez. O obxectivo da proxección e a charla é achegar á militancia e á cidadanía un caso practicamente único dun circo que comezaba a andar nos anos 60 e que fixo historia.

“Tratábase dun espazo lúdico, de autoxestión, educación e moito máis nunha da primeiras escolas de circo de Europa. Falaremos do pasado, o triste presente marcado polo abandono e o potencial de futuro de Benposta”, resumen as e os socialistas.

⚙ Configurar cookies
0.30962300300598