A Bola continúa este martes o ciclo de actividades do programa de corresponsabilidade

OurenseXa
O Concello de A Bola organiza o martes, 21 de maio, a actividade “Criando no botrato”, dirixida a sensibilizar a homes e familias sobre corresponsabilidade
corresponsabilidade
A Bola organiza o 'Programa de sensibilización para a corresponsabilidade'
19 Maio 2024
O Concello de A Bola organiza este martes, 21 de maio, a segunda actividade do 'Programa de sensibilización para a corresponsabilidade', na que aboradarase a relación entre os coidados, o botrato e a importancia da coeducación para camiñar cara a unha sociedade igualitaria.
Baixo o título'Criando no botrato' , a actividade terá lugar no Salón de Plenos do Concello entre as 17:30 e as 19:00 horas.
Esta é a segunda sesión deste programa dirixido a sensibilizar a homes e familias sobre corresponsabilidade, que tratou na súa primeira sesión sobre a división sexual do traballo, o impacto das duplas e triplas xornadas para a vida e a saúde das mulleres e sobre a necesidade de reparto das tarefas de coidados para acadar unha organización social e familiar xusta.
A actividade é de balde e estará dinamizada por profesionais de Xeracción S. Coop. Galega, unha cooperativa de acción social e intervención socio e psicoeducativa especializada en xénero e feminismos.
0.072257041931152