A Bola pon en marcha un servizo gratuíto de apoio educativo en inglés para nenos e nenas

OurenseXa
A iniciativa boutou a andar esta semana e estará activa ata o mes de xuño
reforzo-ingles-a-bola
18 Jan 2026

O Concello de A Bola vén de poñer en marcha un servizo gratuíto de apoio educativo en inglés para as crianzas do municipio. A iniciativa boutou a andar esta semana e estará activa ata o mes de xuño, co obxectivo de reforzar o aprendizaxe do inglés entre as nenas e nenos do municipio.

O servizo está deseñado para ofrecer unha aprendizaxe amena e adaptada ás diferentes idades, co obxectivo de mellorar as habilidades no idioma de forma divertida e efectiva.

Desde o Concello destacan que esta proposta forma parte do compromiso por garantir unha educación de calidade e crear máis oportunidades para o alumnado do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.081161975860596