A campaña 'Merca no teu comercio' arranca en Ourense a súa segunda edición

OurenseXa
A iniciativa enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do sector
Presentación da campaña 'Merca no teu comercio' en Ourense
1 Nov 2024

Esta mesma semana actívase na provincia a segunda edición desta campaña, que se prolongará desde este venres 1 de novembro ata o día 20, cun sorteo previsto para o 22 de novembro entre todos os tíckets participantes doutros 50 bonos de 200 euros, e cuxa gala final se celebrará o 28 do vindeiro mes no auditorio municipal de Verín.

A iniciativa Merca no teu comercio, que tamén se está desenvolvendo no resto de provincias galegas, enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do sector.

0.21547889709473