A Carreira Popular da Carballeira pecha o circuíto 'Correndo por Ourense'
A carreira popular da Carballeira, organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, pecha este domingo o circuíto 'Correndo por Ourense'. Preto de 900 persoas percorrerán o barrio ourensán nun encontro que terá saída e meta na Praza da Lexión.
Cortes de tráfico
A carreira requirirá pechar ao tráfico as rúas polas que transcorre: Praza da Lexión, onde estarán a saída e a meta, rúa Castelo Ramilo, rúa do Hórreo, rúa dos Paspallás, rúa Salto do Can e rúa da Rula.
Segundo o dispositivo deseñado pola Policía Local, o corte de tráfico producirase ás 10.30 horas e continuará até que remate a carreira.
Na rúa Castelo Ramiro, o tráfico en sentido ascendente desviarase á altura da rúa Filomena Dato e en sentido descendente no Camiño do Curandeiro. Na rúa Castelo Ramiro, desviarase á altura da estrada Nacional 525 e, na rúa Salto do Can, o tráfico pecharase á altura da rúa da Rula, polo que a circulación de vehículos desviarase antes, pola Rampla de Sás e a rúa Francisco Asorey.
Servizo de autobuses
Tamén a causa da carreira, o domingo desde as 10.30 até as 14.00 h, a liña número 10 do servizo de autobuses urbanos “Cabeza de Vaca - Velle”, realizará a súa ruta nos 2 sentidos polas rúas Cabeza de Vaca, Tangaraño e Marcelo Macías.