A CIG convoca mobilizacións no Salón do Automóbil de Ourense ante os despidos en Rodosa

OurenseXa
A concentración terá lugar este sábado, 16 de novembro, en Expourense de 11.00 a 12.30 horas
CIG-concentracion-ourense
13 Nov 2024

A CIG-Industria vén de anunciar a convocatoria dunha protesta coincidindo coa celebración do 15º Salón do Automóbil para rexeitar os despidos e os abusos laborais en Rodosa, concesionario de Renault-Dacia situado na estrada de Vigo-Outariz.

A concentración terá lugar este sábado 16 de novembro de 11.00 a 12.30 horas, durante a segunda xornada do Salón de Automóbil que se desenvolverá do venres 15 ao domingo 17 nas instalacións de Expourense.

Dende a CIG-Industria explican que con esta mobilización queren reclamar a readmisión dunha traballadora “que foi despedida inxustamente alegando motivos organizativos en base á última reforma laboral para intentar facelo pasar por despido obxectivo e aforrar a indemnización”, pero tamén denunciar os abusos laborais e os incumprimentos sistemáticos do convenio por parte da empresa. “Dende o cambio de dirección sucédense as prácticas abusivas (faltas de respecto, comentarios machistas, etc) e as coaccións ao cadro de persoal para obrigar a traballar os sábados, algo prohibido polo convenio provincial do Siderometal”, tal e como sinala o secretario comarcal da federación, Indalecio Gómez.

0.19843912124634