A Comisión de Festas de San Xurxo de Touza denuncia que Concello de Taboadela fará coincidir esta celebración coa Semana Cultural


A Asociación da Comisión de Festas de San Xurxo de Touza manifesta o seu descontento co Concello de Taboadela por facer coincidir un ano máis a "Semana Cultural" cas súas festas. Dende a Asociación lembran que estas festas tradicionais celébranse sempre nos mesmos días e aseguran que a cuestión xa se tiña falado entre ambas partes.
"Sendo as únicas festas do Concello que se siguen celebrando, consideramos que hai fechas suficientes para poder celebrar ámbalas dúas", aseguran.
Desde o Concello de Taboadela aseguran ser conscientes "da importancia que teñen para todos nós as Festas de San Xurxo" e, engañen, "tamén compartimos a preocupación por manter o equilibrio e a harmonía entre os diferentes eventos que se organizan no noso concello". Iso si, aclaran que dende que comezou a organizarse a Semana Cultural no ano 2019, só houbo coincidencias en 2021 e 2022.
O organismo municipal defende que para este 2024 a coincidencia ocorre unicamente o día 25 de agosto e consideran que "as actividades programadas para ese día na Semana Cultural, como o mercadiño de artesanía, o xantar popular e o concerto de mariachis, non interfiren nin compiten coas outras celebracións, que inclúen a misa, o partido de fútbol e a festa coa orquestra". De feito, creen "que ambas programacións son complementarias e ofrecen alternativas diversas aos veciños sen que unha reste afluencia á outra".
"Entendemos as dificultades de atopar datas libres en agosto, especialmente tendo en conta a gran cantidade de eventos na nosa rexión, incluíndo as Festas de Soutomaior e o festivo do día 15. Por iso, sempre tratamos de respectar as vosas datas na medida do posible", sinalan.
O Concello xustifica así a decisión de facer coincidir ambos festexos que, segundo a súa opinión, "poden coexistir sen prexuízo algunha, enriquecendo a oferta cultural e festiva da comunidade".
Insten, ademais, que están abertos a dialogar para buscar unha solución que poda satisfacer a ambas partes.
